van conmigo hacia la poesía...

ínfulas

Se eu estivese na túa cabeza, poeta...
Encadeada a unha idea.
Correndo polos teus versos como unha meniña.
ai que feliz!
Non a máis feliz, senón autenticamente feliz.
Ser túa e tocar as palabras unha a unha coas miñas femininas caricias.
Quixera estar na túa cabeza danzando cos brazos alzados ao ceo
e no xirar febril dese encanto, converterme en poesía.

Ulindo a poesía, ser a muller que son a ancas dos teus sonos,
mollada da túa declamada voz...
Lanzada polo aire no teu alento,
como un suspiro,
como unha frecha de amor cara ao teu amor
.

2 comentarios:

  1. Fermoso poema, Omar.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. No lo comprendí del todo, no lo pude pasar al castellano. Un abrazo.

    ResponderEliminar

saludos