Infulas
Se
eu estivese na túa cabeza, poeta...
Encadeada
a unha idea. Correndo polos teus versos como unha meniña.
ai
que feliz!
Non
a máis feliz, senón autenticamente feliz.
Ser
túa e tocar as palabras unha a unha coas miñas femininas caricias.
Quixera
estar na túa cabeza danzando cos brazos alzados ao ceo
e
no xirar febril dese encanto, converterme en poesía.
Ulindo
a poesía, ser a muller que son a ancas dos teus sonos,
mollada
da túa declamada voz...
Lanzada
polo aire no teu alento,
como
un suspiro,
como
unha frecha de amor cara ao teu amor
.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
saludos